CLASSIC FEMININO

Continúa o liderato de María Martínez, seguida por Tamara García con vitoria na Baña e logo de proclamarse campioa galega de Carreiras de Montaña. Rosa Araújo, sendo unha das corredoras máis estables mantense no TOP3, seguida pola irrupción de Lucía Peón que está nunha tempada espectacular despois de gañar en Moraña e Muras e pechando Carla Trillo o Top5. ¡TODAS POR ENRIBA DOS MIL PUNTOS NO INICIO DE TEMPADA!

CLASSIC MASCULINO

Volve ó alto do ranking David Álvarez. O Ranking continúa liderado por Fico Losada, seguido polo seu compañeiro do Castro Trail, Marcos Pascual. Xandre otero do Vértice mantense no ranking mentres Jaime García, do Pinarium fica cuarto.

Lideres Preclassic, unha canteira que inspira

Eloy Martínez, do New Balance e Julia Salvado lideran sub23, seguidos moi de preto. Pola súa banda en sub20 Sandra González e Adrián Sesar están a realizar unha tempada espectacular

A categoría Sub18 está liderada por Lucía Taboada a man de ferro e Diego Ferreira, cunha progresión destacable. En Sub16 Ainoa Galán lidera con solvencia mentres que Pablo Barreiro fai o propio en masculino.

Categorías Master

Un orguio a súa loita e entrega en cada proba: Rosa e Martín en M35; Bea e Marcos en M40, Lucía e Fico en M45, Pili e Elpidio en M55, Raquel e Monti en M55, MªJosé e Satur en M60, Araceli e Manu en M65 e Tomás en M75... ¡¡Enormes tod@s!!

NOVA PUBLICACIÓN O DÍA 05 DE MARZO - RANKING MARATÓN E ULTRA..... ¡¡PROMETE EMOCIÓN!!

RANKINGS GALEGOS OFICIAIS

PINCHA no logo e descarga actualizado o ranking en pdf con tódolos resultados oficiais

AS MODALIDADES RANKEABLES

Descubre cómo funciona

Competicións

Segméntanse as competicións por modalidade. Vertical, Classic, Maratón ou ultra para Trail. Modalidades Subida "Uphill" e Subir-Baixar "Up&Down" para Carreiras de Montaña.

Puntos Scratch

Puntúas por entrada en meta (ver circular) e acumulas os mesmos puntos na clasificación absoluta e tamén na túa subcategoría, sempre dentro da modalidade desputada.

TOP

Estar nos postos altos do Ranking darache acceso á Selección Galega, probas, convocatorias e moitos máis beneficios.