Continúa o liderato de María Martínez, seguida por Tamara García: unha actual campioa galega classic e outra campioa de carreiras de montaña. Sube ó TOP3 Lucía Peón, a corredora do Arenteiro que chega para quedarse e xa sabe o que é subir ó máis alto en probas oficiais. Pechan o TOP 5 Rosa Araújo, coa súa regularidade característica e Bea Barrsoso, que volve despois da súa lesión. ¡¡¡ESTÁ A COUSA QUE LUMEA!!!
Voan os coitelos para estar no TOP 10 e non digamos no TOP5... Fico Losada recupera o liderato despois de Cova da Bruxa, seguido de Xandre Otero que gaña tódalas carreiras nas que comptie en Galicia. Ponse de novo terceiro Marcos Pascual, un dos corredores máis regulares, seguido por Rubén Insua, que sempre é moi competitivo. Nova incorporación ó podio de Andrés Flórez, o corredor do Tribu que estrea top5 e posto na selección galega.
Eloy Martínez, do New Balance e Julia Salvado lideran sub23, seguidos moi de preto. Pola súa banda en sub20 Sandra González e Adrián Sesar están a realizar unha tempada espectacular
A categoría Sub18 está liderada por Lucía Taboada a man de ferro e Diego Ferreira, cunha progresión destacable. En Sub16 Ainoa Galán lidera con solvencia mentres que Pablo Barreiro fai o propio en masculino.
BIOSBARDO
LIDER ABSOLUTO FEMININO
CASTRO TRAIL
LIDER ABSOLUTO MASCULINO
SD COMPOSTELA
LÍDER PROMESA FEMININO
SEN FINALISTAS
PROMESA MASCULINO
5 probas no ano, 4 serie ouro + o campionato de Clubs
3 corredores en meta para categoría absoluta
3 corredores en meta para categoría promoción Serie Ouro
Podes variar a túa "plantilla" entre probas
Incorporas os puntos indiviuais
Un orguio a súa loita e entrega en cada proba: Rosa e Martín en M35; Bea e Marcos en M40, Lucía e Fico en M45, Pili e Elpidio en M55, Raquel e Monti en M55, MªJosé e Satur en M60, Araceli e Manu en M65 e Tomás en M75... ¡¡Enormes tod@s!!
NOVA PUBLICACIÓN O DÍA 05 DE MARZO - RANKING MARATÓN E ULTRA..... ¡¡PROMETE EMOCIÓN!!
PINCHA no logo e descarga actualizado o ranking en pdf con tódolos resultados oficiais
Descubre cómo funciona
Segméntanse as competicións por modalidade. Vertical, Classic, Maratón ou ultra para Trail. Modalidades Subida "Uphill" e Subir-Baixar "Up&Down" para Carreiras de Montaña.
Puntúas por entrada en meta (ver circular) e acumulas os mesmos puntos na clasificación absoluta e tamén na túa subcategoría, sempre dentro da modalidade desputada.
Estar nos postos altos do Ranking darache acceso á Selección Galega, probas, convocatorias e moitos máis beneficios.